Os artistas Ramón Trigo e Eduardo Armada recrean en Noia o día a día dun estaleiro

24 Agosto 2020

Noia comeza a semana con arte e creatividade: unha aposta polas expresións artísticas máis innovadoras que poñen o foco na longa tradición marítima do concello. Estamos a falar da mostra multidisciplinar Pantoque Vía 1/Mar de Noia, do artista plástico Ramón Trigo e o fotógrafo Eduardo Armada, que se inaugurou o pasado venres no Museo do Mar (nun multitudinario acto que incluíu unha intervención en directo do artista: que deu forma a unha das ilustracións da mostra ante os ollos dos asistentes) e que se pode visitar xa en horario de 11:00 a 14:00 horas de martes a sábado e de 17:30 a 20:30 de martes a venres.

A exposición é un proxecto creativo e de investigación fraguado polos devanditas artistas nas instalacións dos Estaleiros Armada de Vigo (Pontevedra). Durante un ano os artistas conviviron cos traballadores para poder plasmar a actividade da súa día a día, pero tamén para reflectir o espazo arquitectónico do estaleiro.

No Facebook do Concello de Noia podemos ver as fotos da inauguración da exposición e, tamén, o vídeo da intervención mural de Ramón Trigo.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.