O puxante panorama musical boirense ofrécenos unha finde de folk galego e rock

17 Agosto 2020

A semana cultural do Concello de Boiro será unha semana musical. O programa inclúe dúas citas na mesma xornada, a do 22 de agosto, en emprazamentos diferentes. Por unha banda está prevista a celebración, a partir das 20.00 horas en Cespón, da cuarta convocatoria do Encontro Tradicional en San Roque. Contarase coa presenza do Grupo Abeloura, a histórica agrupación local de música popular galega, Xisco Feijóo & Trío, Os Liantes, As da Canteira, Os Centenarios e Rianxeiras da Covecha. Segundo nos conta o Concello, colaborador da cita organizada por Abeloura, as prazas dispoñíbeis son limitadas e para reservar sitio cómpre poñernos en contacto coa organización a través da conta cabodecruz@boiro.org, antes do venres ás 13.30 horas.

A banda rockeira boirense Triángulo de Amor Bizarro

A outra gran actuación da semana en Boiro vén da man doutro conxunto local, aínda que de estilo ben diferente: o grupo de rock Triángulo de Amor Bizarro. A cita será na praia da Pesqueira de Cabo de Cruz, ás 20.00 horas do sábado 22. Trátase dunha das catro actividades programadas na iniciativa Paisaxes Sonoras que promove a mancomunidade Barbanza Arousa.

As entradas están esgotadas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

La situación de Ribeira es alarmante, no es un robo casual, la casualidad es cotidiana, los siete días de la semana, los 30 días del mes. Los coches no solo son asaltados en la calle, son asaltados dentro de los garajes privado, debajo del domicilio. La policía los...

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.