O PsdG-Psoe de Noia pide a xuntanza da comisión local da Covid-19

22 Agosto 2020

O Grupo Municipal do PSdG-PSOE de Noia, a través do seu voceiro, Roberto Iglesias, vén de solicitar á alcaldía a Convocatoria da Comisión de Seguimento da Covid-19, ante os brotes producidos nalgún Concello da Comarca.

O PsdG-Psoe quer achegar ós integrantes da Comisión varias propostas para mellorar a seguridade en diversas actividades que se realizan na Vila, como son a ubicación e control dos accesos ao “mercadillo”, señalizacións e reordenacións provisionais nalgunhas beirarrúas que actualmente impiden gardar as distancias de seguridade para evitar aglomeracións, etc

Consideran que tratar con antelación as medidas a seguir no caso de que se produza algún contaxio no Concello estaría estar mellor preparados por si teñen que enfrontar esta situación nos vindeiros días ou semanas ante o aumento de contaxios en Galicia.

Un dos asuntos que lles preocupa especialmente e que consideran que non se está a preparar ca suficiente previsión, é o inicio do curso escolar, o voceiro municipal Roberto Iglesias considera que “a Xunta non está asumindo as súas competencias e esixen ao Concello que cumpra cas súas funcións, facendo todo o posible para que se inicie o curso o mellor posible”. Unha das medidas que din que hai que tomar é reordenar os accesos ás escolas, para que non se produzan aglomeracións á hora de entrada e saída das nenas e nenos.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.