O Consistorio de Ribeira acolle 35 gravados do artista Manuel Facal

05 Agosto 2020

A Casa Consistorial de Ribeira alberga dende esta semana unha nova exposición formada por 35 gravados á auga forte do recoñecido artista galego Manuel Facal. Os fondos, precedentes do Museo do Gravado de Artes e englobados baixo o título Obra Gráfica, comprenden a evolución entre os anos 1973 e 2005 do creador nado en Carballo en 1943.

Segundo informou o Concello, aquelas persoas que se acheguen estes días até o Consistorio terán a oportunidade de contemplar “unha reveladora mostra do talento deste artista”, un creador de sona internacional que ten exhibido a súa obra en cidades como Nova York ou Londres e en países como Noruega, Porto Rico, Bélxica ou Holanda, ademais de numerosas localidades da xeografía galega e española.

Tendo en conta a situación actual derivada da COVID-19, a organización optou por non organizar acto de apertura. Malia así, no remate da colocación dos cadros alí estiveron a concelleira de Cultura María Sampedro, o director do Museo do Gravado Pastor Rodríguez e María José Carreira, comisaria da exposición.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.