O Concello de Boiro extremará as medidas de seguridade en San Ramón de Bealo

27 Agosto 2020

O Concello de Boiro vai extremar as medidas de seguridade en San Ramón de Bealo, coincidindo cos festexos tradicionais desta parroquia boirense e co obxectivo de asegurar o distanciamento da xente e evitar aglomeracións. A xeito de iniciativas concretas, evitaranse as acampadas durante a fin de semana e controlarase a afluencia de fregueses á contorna da ermida o día 31 de agosto, festivo local en Boiro.

Tamén estarán prohibidos, para garantir a seguridade sanitaria da cidadanía, os postos de restauración e hostalaría e as atraccións. Para garantir que estas restricións se cumpran, a Policía Local vai intensificar durante a fin de semana o control e a vixilancia da zona.

O Concello lembra que “aínda que non hai festexos”, o vindeiro luns 31 de agosto celebraranse as tradicionais misas na ermida. Haberá oficios pola mañá ás 8.00 horas, ás 9.00 horas, ás 10.00 horas, ás 11.00 horas, ás 12.00 horas e ás 13.00 horas. Pola tarde haberá misa ás 21.00 horas. Como cada ano vanse sinalizar os accesos á ermida para evitar que se formen atascos nas entradas e saídas e controlar o estacionamento de vehículos. O Concello intensificará o control e a vixilancia para que se respecten as restricións sanitarias de uso de máscara e distanciamento social e previr contaxios.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.