Noia acolle ata o domingo o festival Vilablues con concertos de Dixie Town e Koko Jean & The Tonics

21 Agosto 2020

O festival Vilablues comeza este venres, 21 de agosto, en Noia cunha xornada gratuíta que acollerá os concertos de Koko Jean & The Tonics e os vigueses Dixie Town.

A banda de soul, funk e R& B Koko-Jean & The Tonics está formada por tres dos músicos máis experimentados e aclamados da escena soul barcelonesa: Anton Jarl (Os Mambo Jambo), Víctor Puertas e Dani Baraldés (guitarrista que acompañou a Xarope de Pau, Macaco ou Rulo e A Contrabanda). Xunto a eles está Koko-Jean Davis ( excantante de The Excitements). O seu primeiro EP foi publicado o pasado mes de febreiro, ‘ Hair Whip’.

Pola súa banda, Dixie Town é unha banda creada en Vigo en 2007. Está formada por Óscar Fontan, Lucas Ferrández, Pepe Ferrández e Isaac Campos. Grupo de sonoridades setenteiras que fai hardblues e rock psicodélico, presentará o seu último disco, ‘ Same Old Narrativa’.

O sábado, será a quenda no Vilablues de Sés e Gisele Jackson & The Shus Shus, mentres que o domingo haberá concertos de Raimundo Amador e Adrián Costa. O recinto do festival será o patio do instituto San Alberto, acondicionado con aforo reducido e con todas as medidas sanitarias, de control e de seguridade que esixe a normativa vixente, segundo explica a organización. Todos os asistentes estarán sentados e dispoñerán dunha mesa con servizo de camareiro personalizado e pago a diario ‘ contactless’.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.