Música, circo e unha muiñada enchen a finde cultural de Boiro

20 Agosto 2020

A semana cultural do Concello de Boiro vén esta fin de semana cun amplo abano de experiencias musicais, teatrais e circenses. O programa inclúe catro citas nunha mesma xornada, a do 22 de agosto, en emprazamentos diferentes. Primeiro, está prevista a celebración, nos muíños de Ponte Goiáns, da Muiñada Nunca é Tarde, a partir das 12.00 horas. As persoas que queiran participar na experiencia, que inclúe unha visita aos devanditos muíños de Ponte Goiáns, terán que inscribirse na mesma a través do enderezo cabodecruz@boiro.org (prazas limitadas).

Tamén está programada, a partir das 20.00 horas en Cespón, da cuarta convocatoria do Encontro Tradicional en San Roque co Grupo Abeloura, a histórica agrupación local de música popular galega. Segundo nos conta o Concello, co-organizador da cita, as prazas dispoñíbeis son limitadas e para reservar sitio cómpre poñernos en contacto coa organización a través da conta cabodecruz@boiro.org, antes do venres ás 13.30 horas.

Na mesma xornada do domingo, ás 20.00 horas, haberá un espectáculo de danza no Coído, da man da asociación-agrupación Aroña, que representará Unha noite a beira do rio (actuación prevista para o pasado sábado e aprazada polo mal tempo). As prazas son limitadas, a reserva de sitio debe facerse a través do enderezo electrónico acpedradaarona@gmail.com.

O domingo tamén será a quenda do grupo de rock boirense Triángulo de Amor Bizarro. A cita será na praia da Pesqueira de Cabo de Cruz, ás 20.00 horas do sábado 22. Trátase dunha das catro actividades programadas na iniciativa Paisaxes Sonoras que promove a mancomunidade Barbanza Arousa. As entradas están esgotadas.

Ao día seguinte, luns 23, celebrarase unha Gran Gala de Circo diante das escaleiras da Casa da Cultura, a partir das 21.30 horas. Trátase dun espectáculo de cabaré, novo circo, acrobacias e humor a cargo da compañía Pistacatro. A reserva de entradas para o espectáculo pode facerse no enderezo electrónico cabodecruz@boiro.org antes das 13.30 horas do luns ou no mesmo momento do espectáculo por orde de chegada.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.