Melloras na estación de buses de Noia e novas medidas cara o curso escolar

31 Agosto 2020

A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, visitou hoxe as melloras acometidas na estación de autobuses de Noia. A conselleira explicou que, avalado polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia ( ISSGA), redactouse un protocolo que será abordado nunha reunión coa patronal esta semana, segundo precisou.

Declarou que a Xunta trasladou ás empresas e aos sindicatos o protocolo de prevención fronte á Covid-19 no autobús compartido para dar “seguridade” aos usuarios antes do inicio do curso.

A conselleira explicou que estas normas, ademais das medidas comúns, incorpora medidas específicas para o autobús compartido como a separación dos asentos dos escolares dos que empreguen o resto de usuarios, reservando as prazas dianteiras para as persoas maiores.

Tamén se introducen normas para o acceso e baixada de autobuses, sempre pola parte dianteira. Os escolares ocuparán as prazas de atrás cara adiante e, na medida do posible, sempre no mesmo asento.

Ethel Vázquez realizou estas manifestacións na visita ás obras na estación de autobuses de Noia, unhas melloras que supuxeron un investimento de máis de 270.000 euros. Estes traballos súmanse aos realizados en 2017 nesta mesma estación.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.