Lousame reabre o seu centro de día ao 50% da súa capacidade e tras unha profunda desinfección das súas instalacións

04 Agosto 2020

O centro de día de Lousame vén de reabrir as súas portas esta semana,
despois da clausura das súas instalacións durante a pandemia do coronavirus Covid-19. Unha reapertura que se fixo efectiva na xornada de onte luns e que nesta primeira fase permitirá dar servizo ao 50% dos usuarios e usuarias destas instalacións.
A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, sinala que “nesta primeira etapa non poderá haber visitas externas por seguridade e, a maiores, antes de abrir as instalacións o Concello de Lousame contratou a unha empresa autorizada pola Consellería de Sanidade para que certificara que as instalacións estaban totalmente libres de Covid-19”. En 15 días poderá
asistir o 75% dos usuarios e usuarias e nun mes poderán estar todos e todas incorporados.
A desinfección, levada a cabo pola empresa Bioambiental, tivo lugar na tarde do pasado venres 31 de xullo, en ausencia de persoas e ao rematar a xornada laboral. Os técnicos da empresa, perfectamente equipados con EPIS, aplicaron nebulización aérea e localizada sobre todas as instalacións, prestando especial atención a superficies críticas como pomos de portas, mesas, sillas… Para iso utilizaron un desinfectate bactericida, funguicida e virucida.
Silvia Agrafojo explica que “en Lousame imos recuperando pouco a pouco a normalidade en todos os servizos, sempre baixo a premisa da seguridade e o seguimento dos protocolos sanitarios. Fixémolo cos campamentos de verán, que penso que foron todo un exemplo de seguridade e bo comportamento tanto por parte dos monitores e voluntariado como das
familias participantes. Fixémolo hai un mes cos obradoiros de maiores e agora, tras o centro de día, traballaremos para que todo estea a punto cando abramos as portas do Punto de Atención á Infancia en setembro”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

Hay un programa en la tv, de cita a ciegas, lo veo, desde mi afición al conocimiento humano y a la sociología, desde, cuando conocí a Amado de Miguel. Hay una pregunta para mi extraña, la que las chicas hacen a los chicos, ¿Y tú cuantas veces puedes hacer el amor en...

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

Además de a Rianxo, Boiro, A Pobra y Ribeira, el agua del Ulla llega a Padrón, Dodro, Catoira, Valga y Pontecesures, y también está conectado Vilagarcía. En total, cerca de 150.000 personas las que se abastecen de una red que actualmente presenta algunas dificultades...