“Lousame Concilia” chega ao ecuador da quenda de agosto con manualidades, chapas, cine, cociña e xogos de auga

10 Agosto 2020

O programa de conciliación familiar “Lousame Concilia” chega ao ecuador da primeira quenda do mes de agosto cunha axenda chea de actividades. As
manualidades centraron parte das propostas de lecer preparadas para a vintena de nenas e nenos de entre 3 e 12 anos que participan nesta iniciativa promovida polo Concello.
Así, as crianzas deron renda solta á súa creatividade a través dos obradoiros de colgantes e de chapas. Unhas actividades que se complementaron con sesións de cine e lambonadas e tamén a celebración do aniversario dun dos pequenos participantes.
Especialmente divertida resultou a xornada na que se ofreceron xogos de auga. Unha proposta do máis axeitada para combater a calor destes días.
Finalmente, o patio cuberto do CPI Cernadas de Castro converteuse nunha cociña apta para practicar repostaría. Neste caso, as crianzas aprenderon a cociñar unhas deliciosas madalenas con corazón de chocolate.
“Lousame Concilia Verán” está organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Lousame, que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo.

“Lousame Concilia”

Outros artigos

Amicos celebra o seu 25 aniversario cun emotivo encontro en Lousame

A Asociación Amicos celebrou este sábado o seu 25 aniversario cun emotivo acto no restaurante O Trapeiro de Lousame, que reuniu preto de 200 persoas entre usuari@s, familiares, profesionais, representantes institucionais e empresas colaboradoras. Un encontro marcado...

+

Amicos, 25 anos impulsando vidas no seu encontro anual de familias

Este sábado 8 AMICOS celebra o seu tradicional encontro familiar no que amais se cumplen 25 anos. A cita será en Lousame nun día cheo de emocións, lembranzas e alegría. A asociación Amicos celebra o seu 25º aniversario reafirmando o seu compromiso coa inclusión social...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.