Limitado o acceso ao porto de Cabo de Cruz para a Liga ACT deste domingo

28 Agosto 2020

Este domingo celébrase en Cabo de Cruz unha nova edición da Liga ACT que, segundo vén de informar o Concello, vai contar, por motivos de seguridade anti-COVID, con certas particularidades con respecto a outros anos. A respecto da competición, tanto o club como o Concello aconsellan e animan a todos os seareiros a que sigan a regata dende o mar ou pola televisión e “evitar deste xeito aglomeracións no espigón de Cabo de Cruz”. De feito, o acceso a esta infraestrutura portuaria ficará cortado durante a competición, co fin de asegurar o distanciamento.

Asemade, “por motivos de seguridade”, o acceso ao porto estará tamén restrinxido e só poderán acceder os remeiros e adestradores, as autoridades e persoas autorizadas con pase de acceso ao barco. Ademais, a Policía Local controlará a contorna para evitar as aglomeracións.

A Eusko Label Liga vai disputar esta fin de semana a décimo sexta xornada. Será o domingo, a partir das 12.00 horas cando se dispute en Boiro, en Cabo de Cruz, a XXX Bandeira Concello de Boiro e se poñerá fin, con esta regata, á tempada regular da Liga ACT.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.