Galicia conta con 521 deportistas galegos de alto nivel, o maior número de toda a historia

13 Agosto 2020

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución do 30 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos como deportistas galegos de alto nivel polo procedemento iniciado en xuño de 2020, así como as solicitudes desestimadas e a causa. En total, ao abeiro desta nova resolución recoñécense 22 novos deportistas galegos de alto nivel -7 mulleres, 15 homes e, dentro deles, 1 con discapacidade-. Cómpre lembrar que estes 22 deportistas recoñecidos corresponden a unha primeira fase do procedemento iniciado en xuño. Nos vindeiros meses recoñeceranse o resto de deportistas galegos de alto nivel do devandito procedemento.

En total, sumados aos outros 499 deportistas galegos de alto nivel recoñecidos en anteriores convocatorias, Galicia conta con 521 DGAN -212 mulleres, 309 homes- o maior número desde que se recoñecen os deportistas de alto nivel na comunidade. O número total de deportistas con discapacidade (17) tamén é o máximo histórico, o que reflicte o traballo feito pola Xunta de Galicia en prol do deporte adaptado.

O pasado 16 de abril publicábase a prórroga de seis meses para 126 deportistas DGAN que remataban a súa vixencia durante o ano 2020 como medida de carácter extraordinario para previr e conter o coronavirus e mitigar o impacto sanitario, social e económico.

Galicia conta con 521 deportistas galegos de alto nivel, o maior número de toda a historia
Decreto DGAN

O pasado 11 de xullo o Consello da Xunta aprobaba o proxecto de decreto polo que se regula o deporte de alto nivel. O novo decreto regulará o deporte de alto nivel de Galicia e, como principal novidade, regulará tamén o alto rendemento deportivo e o rendemento deportivo de base.

O novo decreto establece asemade o catálogo de dereitos e obrigas dos axentes deportivos recoñecidos nas distintas categorías como dereitos de carácter educativo, laboral ou económico que inclúen importantes vantaxes con respecto á norma vixente; así como o procedemento e requisitos establecidos para o recoñecemento de deportistas e tamén a técnicos-adestradores e xuíces-árbitros, como novos colectivos que se incorporan a figura do alto nivel, a través da Comisión Galega de Avaliación do Alto nivel deportivo. Asemade establécese a posibilidade de obter este recoñecemento con carácter vitalicio.

Tamén se regulará dentro deste novo texto o recoñecemento dos centros de alto nivel e os núcleos de adestramento especializado e, como un dos puntos de meirande importancia, a creación da Oficina de Atención ao Deportista, ferramenta necesaria dentro de calquera sistema de protección global e efectiva dos axentes deportivos, e que permitirá a súa atención, dende o asesoramento, en todas as etapas da súa carreira e dedicación competitiva.

Outros artigos

O sonense Adolfo Enriquez, Trofeo Galeguidade 2025

Madrid acolleu unha nova edición do LVII Capítulo da Orde da Vieira, un evento de referencia para a comunidade galega no exterior. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou nesta celebración que cada ano congrega centos de persoas de...

+

Retiran un envase de ácido pícrico de un centro de residuos en Padrón

O Equipo de Desactivación de Explosivos (EDEX) da Garda Civil da Coruña interveu nun centro de xestión de residuos en Padrón para retirar un envase de ácido pícrico, unha substancia potencialmente perigosa debido á súa capacidade explosiva en certas condicións. Garda...

+

“Quen manda aquí?”. Luís Celeiro

Non se sabe. Moitos non saben, nin queren saber, onde está o poder. En Grândola, VilaMorena, segundo o cantar de José Afonso, “o povo é quem mais ordena”. Aquí e agora,quen manda? E aqueles que mandan, que pretenden? Sería moi interesante que PedroSánchez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Política redistributivas” – José Manuel Pena

“Política redistributivas” – José Manuel Pena

A Unión Europea sempre estivo comprometida, polo menos en teoría, coa redución da pobreza e a exclusión social. Actualmente e de fronte ao futuro, segundo algúns expertos, requirirá un cambio de paradigma nas políticas económicas, cuxo punto de partida deberá ser o...