“España duplica a súa cota de peixe sapo en Gran Sol para o ano 2020”. Antón Luaces

25 Agosto 2020

España acadou para o ano 2020 unha cota adicional de peixe sapo (rape)  na zona do Gral Sol de 727 toneladas. Deste xeito remata a negociación que mantiñan a Secretaría General de Pesca con Francia, Bélxica e Países Baixos dende finais do pasado mes de xuño. Esta cantidade súmase ás 758 toneladas intercambiadas dende principios de ano cos mesmos países, feito que permite reunir un total de 1.485 toneladas de rape mediante intercambios.
O Total  Admisible de Capturas (TAC) asignado pola Unión Europea a España para este ano dispuña unha cota inicial de rape  de 1.296 toneladas, o que significa que mediante as negociacións realizadas polo Goberno poido aumentarse en máis dun 100% as capturas autorizadas para a frota de Gran Sol. En total, e a día de hoxe, poderán acadarse as 3.077,9  toneladas contando coas 310,80 da flexibilidade interanual (que permite sumar o 10% da cota adaptada do ano anterior.
Os pesqueiros españois do Gran Sol contan tamén coa posibilidade de facer uso do mecanismo de cesións temporais de cota entre países entre os propios barcos e asociacións e asegurar deste xeito a planificación da actividade empresarial.
O acordo beneficia á frota do Cantábrico Noroeste, eswpecialmente a Galicia, ademáis dee Asturias, >Cantabria e País Basco.
O rape ou peixe sapo é un peixe  de gran valor engadido, altas prestacións gastronómicas e moita demanda tanto en mercados como nos domicilios privados.

Outros artigos

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

“La España desigual de FOESSA”- José Castro López

“La España desigual de FOESSA”- José Castro López

España presenta el mayor crecimiento del PIB entre las economías avanzadas, que el Gobierno celebra diciendo que “la economía va como un cohete”. Pero detrás de esa euforia macroeconómica está la realidad de millones de personas atrapadas en la precariedad, la pobreza...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.