En Ribeira a dinamización da lectura da biblioteca baixa ás rúas de Santa Uxía, Palmeira e Aguiño

18 Agosto 2020

Baixo a organización do Concello de Ribeira e co apoio do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia, nas próximas tres fins de semana terán lugar outras tantas sesións contacontos postas en marcha dentro do plan
municipal de dinamización da lectura, coa particularidade de que en
lugar de celebrarse na Biblioteca Local como vén sendo habitual
viaxarán ás rúas de tres parroquias do municipio no ánimo de procurar unha mellor aplicación das medidas antiCovid.
A concelleira de Educación, Juana Brión, acompañada do arquiveiro
municipal José Antonio Otero, foi a encargada de dar a coñecer esta
programación que pretende dar cabida ás mellores narradores orais, ás mellores historias e ás mellores cancións en espectáculos dirixidos a un público infantil e familiar de forma totalmente gratuíta.
Este é o calendario de eventos:

  1. “Patrimonio natural”: Pequeno concerto infantil de Gloria
    Mosquera e Tomi López de “Mamá Cabra”.
    Data: Sábado 22 de agosto
    Hora de comezo: 20.30 h
    Lugar: Pista multideporte da Tasca. Aguiño
    É o máis recente traballo de Mamá Cabra que nace do amor pola natureza e do compromiso pola terra que coidaron os nosos avós e as nosas avoas.
    Nesta peza de pequeno formato Gloria Mosquera e Tomi de Mamá Cabra interpretan unha escolla das cancións máis ecoloxistas do grupo. A localización deste espectáculo é determinante posto que se vai desenvolver fronte ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, con Sálvora como pano de fondo, a vivencia do coidado do noso patrimonio natural estará ben presente.
  2. “A historia de Brancaflor” con Fran Rei
    Data: Sábado 29 de agosto
    Hora de comezo: 12.00 h Lugar: Porta do Sol. Ribeira

Fran Rei achéganos á lenda popular de Brancaflor, a filla do Demo, a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma Contos
marabillosos. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan, á que se opón o malvado pai da rapaza. Aprenderemos de liberdade, de como tomar decisións, de como vencer o que semella invencible.
“Espantamedos” de Inacio Vilariño. Fantoches Baj
Data: Sábado 5 de setembro
Hora de comezo: 20.30 h
Lugar: zona portuaria de Palmeira

O medo, a pesar de facernos vivir momentos indesexables, protéxenos de
multitude de perigos e situacións que poden resultar prexudiciais, e é por
iso que desde sempre os medos tiveron nome e imaxe. En Espantamedos
propón un conxunto de contos e cancións para enfrontarse a eses medos
patrimoniais que dun xeito ou doutro viven na sociedade galega dos nosos
días. Inacio Vilariño vai facer, coa súa divertida e próxima interpretación,
que o medo nos pase para sempre. Como din os maiores: Medo non
temos, pero si respect

Outros artigos

Incendiados catro colectores en Aguiño

Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados esta noite dun incendio que afectaba a varios colectores en Aguiño, no concello de Ribeira. Víronse afectados catro colectores que quedaron completamente calcinados. As lapas danaron tamén, en menor medida,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión