A Consellería de Educación adxudicou as obras de rehabilitación integral do IES Campo de San Alberto, por un importe de algo máis dun millón de euros e cun prazo de execución de tres meses que empezara a contar a partir de setembro. As obras incluen a modificación da eficiencia enerxética coa instalación de placas de illamento térmico na fachada e substituiranse as xanelas por unhas novas de carpintería de aluminio. Na mellora colocaranse novas luminarias con tecnoloxía LED, equipos de regulación e detección.
A Consellería sinala que as obras do centro inclúen o cambio de lucernarios da cuberta, a colocación de novos teitos acústicos e de teitos de vinilo nos aseos.
En Noia, convocado un curso para introducirnos na lingua e na cultura de Galicia
O Concello de Noia, a través do Servizo de Normalización Lingüística e ao abeiro dos programas da Secretaría Xeral da Lingua (Xunta), organiza un novo curso gratuíto de introdución á lingua e á cultura galegas, especialmente pensado para persoas que se achegan por...



