En Noia comeza a última quenda dos campamentos urbanos do Concello cun obradoiro impartido pola protectora Arca

11 Agosto 2020

A concelleira de Xuventude, Laura Salgado, e o concelleiro de Medio
Ambiente, Martín Fernández, participaron nunha especial actividade coa que se deu comezo á última quenda dos campamentos urbanos do Concello de Noia. O parque canino Agility acolleu un completo obradoiro sobre adopción de animais de compañía impartido pola protectora Arca de Noia.
Preto de trinta nenos e nenas asistiron, xunto cos seus monitores e monitoras, a esta sesión.
Nela, a protectora Arca explicou ás crianzas asistentes como se desenvolve o seu labor no día a día. Entre as súas tarefas atópase, precisamente, rescatar cans e gatos que son abandonados. Tras levalos ás súas instalacións comeza a busca de novos fogares para estes animais de compañía.
Dende a protectora Arca de Noia insistiron moito na responsabilidade que as persoas deben ter á hora de adoptar unha mascota. Neste senso, lembraron que, en ningún caso, se deben deixar abandonadas, ao tempo que animaron ás nenas e nenos a coñecer a algúns dos cans que teñen en proceso de adopción.
Esta última quenda dos campamentos urbanos do Concello de Noia estenderase ata o vindeiro 21 de agosto. Conta coa participación de preto dunha trintena de crianzas en idade escolar, de entre 4 e 12 anos. As actividades desenvólvense de luns a venres no polideportivo Agustín Mourís, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.