En Noia a deputada nacionalista Rosana Pérez visitou a Confraría para coñecer os problemas do pósito

25 Agosto 2020

A deputada do BNG no Parlamento Galego, Rosana Pérez, visitou
novamente o municipio de Noia para manter unha reunión na Confraría de
Noia, xunto ao portavoz da agrupación local do partido, Ricardo Suárez, co
Patrón Maior, Santiago Cruz.
Na reunión, os representantes nacionalistas, interesáronse polas principais
problemáticas en torno á actividade marisqueira e as perspectivas da
institución noiesa de cara ás próximas campañas. Ademais, Cruz, lembrou
á deputada a importancia dos bancos marisqueiros do municipio xa que
xeran, de xeito directo, máis de 1.500 empregos.
Pérez reafirmou o compromiso da formación nacionalista por unha aposta
pola mellora das calidades do auga nas rías galegas, cousa que na súa
opinión pasa pola “necesaria eliminación de puntos de vertido e o ávido
remate do saneamento integral dos municipios”.
Pola súa parte Suárez trasladou ao Patrón e á Deputada o compromiso da
corporación municipal proposto polo BNG para que se inste á Xunta a facer
un Plan Integral de Cunca para o Río Tambre que “debera de localizar os
puntos de vertido máis conflitivos para actuar canto antes na calidade
dunhas augas que tras o paso por máis de 20 municipios rematan
desembocando na ría do municipio noiés”.

A deputada do BNG Rosana Pérez e o patrón maior Santiago Cruz

Outros artigos

Remata con éxito o Concilia de Nadal do Concello de Noia

Este mércores 7 de xaneiro a concelleira de Educación e Conciliación de Noia, Ana Blanco, realizou unha visita ás actividades encadradas na nova edición do Concilia de Nadal, onde compartiu a mañá cos nenos e nenas do campamento durante a festa de remate do mesmo, na...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.