En Boiro desmantelado un laboratorio de falso xel hidroalcólico feito con augardente

01 Agosto 2020

A garda civil desmatelou no rural de Boiro un laboratorio de xel hidroalcólico. Foron as queixas de pacientes, que alertaban do  forte cheiro a caña do suposto hidroxel o que destapou a fraude. O equipo investigador apunta que o produto tiña unicamente un 25% de alcol, en lugar de 70% que debería conter como mínimo. A operación, denominada “quimixel” realizouse nunha granxa avícola de polos onde se atoparon outros 4oo litros listos para a súa distribución en toda España. A benemérita retirada xa 6.400 litros distriuidos en hospitais e centros médicos da península.

A venda iniciouse en pleno mes de abril-maio no momento crítico da pandemia da Coronavirus e foi distribuido en centros de saúde e centros comerciais de toda a península.

Debido á “necesidade urxente de produto“ derivada da pandemia, sinala a Garda Civil, os detidos, que “se ofertaban como químicos con ampla experiencia”, puideron “colocalo facilmente, evitando calquera requirimento documental e de calidade”.

Fonte Garda Civil

A empresa carecía ademais das autorizacións oportunas da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios para fabricar o desinfectante, segundo informan desde a Garda Civil.

Fonte Garda Civil


Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.