A Policía Local de Boiro interpuxo esta fin de semana un total de 8
denuncias a cidadáns que non estaban facendo uso da máscara de protección, non estaban en ningún dos supostos que exime do seu uso e tampouco cumprían coa distancia mínima de seguridade. Estas novas sancións súmanse ás 10 que os axentes tramitaron desde que se decretou o uso obrigatorio de máscara.
Os axentes están intensificando os controis e tamén a información á
cidadanía sobre as medidas de carácter obrigatorio co obxectivo de reducir os riscos de contaxio pola Covid-19. A Policía Local de Boiro realizou esta fin de semana controis da poboación para garantir o cumprimento das medidas de seguridade sobre todo no relativo a evitar aglomeracións e coidar o cumprimento do uso de máscara.
Os axentes van intensificar a vixilancia no cumprimento das novas medidas entradas en vigor hoxe, como son o horario de peche dos locais de hostalería e restauración, os grupos máximos de persoas… As novas medidas
decretadas pola administración autonómica entraron en vigor a pasada
medianoite e, no municipio, todos os locais e establecementos pecharon sen
incidencias cumprindo coa nova normativa.
Os operarios de Protección Civil continúan tamén seguindo o cronograma de limpezas e desinfeccións dos principais núcleos do municipio e tamén se está intensificar o servizo de limpeza viaria, realizando novas rutas para poder dar maior servizo.
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación dun arquitecto/a técnico/a
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego para o nomeamento de arquitectos técnicos como funcionario interino. O prazo de presentación de solicitudes abrirá o luns e será de dez días hábiles. O proceso selectivo será...