
Integrantes da organización ICE Renovación estiveron durante a fin de semana a realizar unha iniciativa en beneficio da comunidade consistente na eliminación de pintadas na praza dos Muíños de Santa Uxía.
Neste senso, co ánimo de combater o feísmo nesta céntrica praza situada entre a rúa Rosalía de Castgro e o barrio do Monumento, media ducia de membros da organización estenderon unha nova capa de pintura sobre muros, paredes e mobiliario urbano que estaba deslucido por estes graffitis. O material plástico, con diferentes cores, foi proporcionado polo Concello de Ribeira, que se mostrou encantado tras recibir a proposta.

Agradecemento
O Concello de Ribeira quere reiterar o seu agradecemento pois son iniciativas xenerosas como esta as que fan que entre todos construamos un pobo máis bonito e solidario.