Boiro deseña camiños escolares seguros

14 Agosto 2020

O Concello de Boiro, a través das áreas de mobilidade e educación, está
a traballar no deseño de camiños escolares seguros para os colexios en todo o termo municipal. A iniciativa “Camiñando seguros ao cole” ten como obxectivo deseñar itinerarios para que os máis cativos poidan camiñar de xeito seguro aos distintos centros educativos.
O primeiro que se está a realizar é un traballo nos distintos camiños que
se usan para ir aos diversos centros educativos co obxectivo de detectar os
puntos máis conflitivos e intensificar a sinalización de pasos de peóns e límites de velocidade e aumentar a seguridade dos nenos e nenas, e os seus
acompañantes, nos distintos traxectos que se empregan para chegar aos
centros educativos.
Para o deseño dos camiños escolares seguros vanse ter en conta tamén
as paradas de autobús e os camiños que se seguen para chegar a elas, polo
que se vai contar coas propostas e suxestións das familias e centros de ensino.
Unha vez determinadas as principais rutas, co inicio do curso escolar
vanse sinalizar estes camiños escolares de xeito vistoso para que, sobre todo os mais cativos, poidan identificar cales son os percorridos que deben seguir para camiñar ao colexio de xeito seguro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La laicidad de doble rasero”. José Antonio Constenla

“La laicidad de doble rasero”. José Antonio Constenla

Una guía del Ayuntamiento de Barcelona dirigida a los centros educativossugiere no bailar ni poner música durante el Ramadán, porque “algunaspersonas musulmanas pueden considerar la música o la danza como unaactividad no idónea”. Más allá del contenido concreto de la...

“Non á guerra!” – José Manuel Pena

“Non á guerra!” – José Manuel Pena

Non á guerra, debe ser algo máis que un slogan ou unha apostila electoral. Os gobernantes, responsables políticos, institucións e organismos internacionais así como a propia cidadanía temos que ser conscientes de que queremos un mundo en paz, libre de guerras e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.