Barahúnda actúa en Rianxo o 22 de agosto

17 Agosto 2020

O vindeiro sábado 22 de agosto a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá un concerto do grupo Barahúnda, agrupación do Barbanza integrada por Helena de Alfonso (voz e composicións), Jose Lara Gruñeiro (guitarras e composicións), José Luis do Pico Orjais (multi-instrumentista) e Txema Mawenya (percusión). Na actuación, prevista para as 22.30 horas e abeirada ao ciclo Música na Noite, a devandita formación de Barahúnda estará acompañada de José Nine, Isabel Rei Samartim e Raúl Lojo. A banda, activa dende 1998, homenaxea a rica tradición lírica e musical galega nas súas moi variadas manifestacións, alternando composicións propias con letras de poetas actuais ou da tradición galego-portuguesa.

Segundo informa o Concello de Rianxo, as prazas achegaranse con reserva previa. Esta pode formalizarse a través de no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​​ou no teléfono 664 183 217, do 10 ao 21 de agosto. Cómpre que indiquemos o noso nome completo, o teléfono e a cantidade de convivintes para os que se solicitamos reserva. Esta farase efectiva cando se confirme desde o Auditorio.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.