As ARIs de Noia e Rianxo recibirán financiamento da Xunta

04 Agosto 2020

O Goberno galego vai repartir preto de 2,7 millóns de euros entre unha trintena de Áreas de Rehabilitación Integral de 17 concellos. A medida, impulsada pola Consellería de Medio Ambiente, centrarase na recuperación de vivendas e edificios de vivendas, urbanización e re-urbanización nas 29 ARI que solicitaron financiamento. Entre as áreas que pediron participar nesta convocatoria, publicada no DOG do pasado 30 de xuño, atópase o casco histórico de Noia e os núcleos antigos de Rianxo, Rianxiño e Fincheira (os tres no Concello de Rianxo).

O importe máximo da axuda por vivenda será de:

• 12.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación para actuacións de mellora da eficiencia enerxética e sustentación en vivendas, con redución da demanda enerxética.

• 8.000 euros para actuacións de conservación, da mellora na seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas.

• 30.000 euros por cada vivenda construída en substitución doutra previamente demolida.

• 2.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación e/ou por cada vivenda construída para actuacións de mellora da calidade e sustentabilidade do medio urbano.

• 4.000 euros anuais, por unidade de convivencia a realoxar, durante o tempo que duren as obras e ata un máximo de tres anos para as actuacións de realoxo temporal.

As axudas incrementaranse nun 25%, cando as persoas beneficiarias sexan menores de 35 anos e as actuacións se realicen en concellos de menos de 5.000 habitantes.

O importe das axudas autonómicas terán unha contía máxima de 4.000 euros por cada vivenda obxecto da actuación de rehabilitación ou renovación, sen que a subvención poida exceder de o 10% do orzamento protexido de rehabilitación da vivenda ou do edificio

Os concellos recibirán por cada vivenda rehabilitada ou construída 2.500 euros (1.500€ da Xunta e 1.000€ do Ministerio) para financiar o custo de xestión e dos equipos e oficinas de planeamento, de información, de xestión e de acompañamento social.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...