“Alguén pretende acabar coa frota de cerco galega”. Por Antón Luaces

24 Agosto 2020

“Queren arruinar a frota cerqueira galega. Aquí non temos goberno e cada un fai o que quere. Deste xeito, o caladoiro non aguanta”.

É o que dí un armador. Pero é, tamén,  o que pensa a maioría dos armadores, patróns e tripulantes da frota do cerco de Galicia integrada por aproximadamente 120 barcos, deles 115 agrupados na asociación ACERGA e outros 5 na entidade Cerqueiros Galegos (1 de Porto do Son e 4 de Ribeira, e mais o voceiro da asociación, que ten a súa residencia en Portosín). A primeira das asociacións, ACERGA, acordou coa Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías establecer un tope de capturas de 750 quilos por barco e día, cun máximo semanal de 35.000 quilos. Pero os primeiros en non respectar ese cupo foron aqueles que non asinaron o acordo. E a partir de aquí e diante do desinterese da Xunta e o desleixo da Federación, moitos optaron por pescar o que podían, ata chegaren a augas de Galicia un barco con base en Guetaria e dous en Santoña que, nun par de desembarques, deixaron en terra máis de 100.000 quilos de xurelo, feito que encendeu os ánimos malia recoñecer os galegos que os barcos bascos pescan as cantidades que lles autorizan no seu territorio (como o fan os galegos cando faenan en augas bascas).

A atención, agora mesmo, está posta na sede da Xunta, en Santiago de Compostela. Os cerqueiros galegos agardan unha resposta contundente da conselleira en funcións, pero tampouco confían demasiado sabedores como son, aseguran, de que en Madrid circula un informe datado na Comunidade galega polo que a Administración auotonómica aposta por reducir a frota cerqueira nun 75% da mesma. “Ë un estudo, afirma un patrón, para liquidar a frota enteira do cerco. Aquí laiámonos e choramos polo estado nas nosas pesqueiras, e en Andalucía e Portugal -onde hai sardiña e xurelo- brincan de satisfacción porque eles poden pescar e vender as súas capturas con destino a Galicia. O noso caladoiro non resiste. O que teña algo para comer, aguanta, e o que non, vende o barco. Este é o noso futuro. Nós somos conscientes de que 750 quilos de xurelo por día e barco é pouco, pero menos é nada. Sen embargo, os da “zona escura” pescan ata 40.000 quilos e a Xunta fai como quen non ve nin oe. Santiago vai en contra de toda a frota, porque o que quere é arruinala, acabar con ela”.

Son barcos, os cerqueiros, que animan constantemente os mercados e fan que nas casas dos mariñeiros de baixura entren uns euros, poucos. Pero tampouco é dabondo. Pinta mal, moi mal, todo isto.

Outros artigos

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

+

“Funeral de Estado y vida en el más allá”. José Fernández Lago

El miércoles veintinueve de octubre de los corrientes ha tenido lugar un Funeral de Estado, con motivo del primer aniversario de más de doscientos veinticinco muertos, como consecuencia de la dana sufrida en algunos pueblos, más que nada de la provincia de Valencia....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El amor” – Manuel Domínguez

“El amor” – Manuel Domínguez

El amor. Amar es sufrir, dolor, lagrimas, hoy o mañana. ¿Mañana? ¿Qué es el mañana? ¿Existe el mañana? ¡Si! Mientras exista tú. Tú eres el mañana. Hay “heridas” que sangran más que la propia herida. ¿Qué es el amor? El amor es la aceptación de perderte. A veces el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.