Rosana Pérez mostra o seu apoio ao Museo do Mar de Noia

20 Agosto 2020

A deputada no Parlamento Galego, Rosana Pérez, responsábel no grupo do BNG das actividades pesqueiras e marisqueiras e da zona Barbanza – Muros – Noia, visitou este xoves 20 de agosto os almacéns do Museo do Mar de Noia, co fin de coñecer de primeira man o relevante traballo levado a cabo nas últimas décadas pola Asociación Mar de Noia. Precisamente, na xuntanza con Rosana Pérez participou o presidente da entidade, Félix González, o portavoz local do grupo nacionalista en Noia, Ricardo Suárez, e outros membros da dita asociación.

A deputada, na súa visita, tivo coñecemento tamén do labor despregado polo Museo do Mar de Noia na posta en valor da historia e a etnografía marítima. Pérez tivo palabras críticas coa Administración local, pola “súa falta de interese na conservación do material acubillado nas instalacións” e mostrou a disposición de levar preguntas e propostas ao Parlamento no caso de que o Goberno local de Noia “non leve a cabo máis cedo que tarde os seus compromisos ao respecto”.

Pola súa parte, Suárez reafirmou o desacordo da agrupación local do BNG co feito de que que a primeira actividade levada a cabo no novo edificio do Museo do Mar “non teña como protagonista á etnografía e a historia marítima de Noia e a ría”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.