Na aula da Casa do Mar de Corrubedo a “Asociación Cultural Corrubedo XI séculos”, entregou esta tarde os premios do concurso de fotografía organizado por esta asociación. A entrega realizouse con considerable retraso debido ás circunstancias sanitarias que estamos a vivir, polo que tampouco se dou difusión pública o acto.

Os gañadores: Primeiro premio Mónica Navas, Segundo premio José M. García e Terceiro premio Mª Elena Romero recibiron os diplomas e cheques correspondentes de man do presidente da asociación Suso Freire e da nosa secretaria Flor Vidal. O acto finalizou cunha foto de grupo.


