Xa está á venda nas librarías de Ribeira a aventura dos Bolechas na Festa da Dorna

03 Xullo 2020

A Real e Ilustre Cofradía da Dorna, organizadora das festividades do mesmo nome en Ribeira, vén de informar de que xa está dispoñíbel nas librarías do concello o libro Os Bolechas na Festa da Ribeira, unha nova entrega da popular familia de persoeiros creados por Pepe Carreiro adicada ás ditas celebracións e á cultura mariñeira local, no que se pretende, segundo reflicte a entidade, “acheghar aos nenos o espírito desta selebrasión, ao tempo que queremos poñer en valor as embarcasións tradisionais e a cultura mariñeira”.

Segundo informar a confraría, as aventuras dorneiras dos Bolechas están xa dispoñíbeis nos seguintes puntos de venda físicos de Ribeira:

– Librería Nobel (RUA MENDIÑO 1)

– Librería Mirás (ROSALIA DE CASTRO 7)

– Librería Arigato (RUA SANTA UXIA 12)

– Librería Master (RUA GALICIA 20)

Para formalizar a compra online, pódese facer na web da festa da Dorna.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.