Ribeira honra á Virxe do Carmen este sábado 1 de agosto nas Festas de Verán

31 Xullo 2020

A irrupción da covid-19 impediu que este ano se celebren as tradicionais Festas de Verán de Ribeira, un de cuxos eventos máis apreciados e concorridos é a tradicional misa na honra da Virxe do Carme que ten lugar cada primeiro sábado de agosto na lonxa da cidade, seguida da procesión marítima.
Este ano tal procesión marítima non poderá ter lugar, peso si a misa grazas á implicación de Parroquia de Santa Uxía e Concello de Ribeira, así comod as asociacións Alfaia e Amas de Casa de Ribeira, que decidiron unir as súas forzas para levala a cabo: oficiarase o sábado 1 de agosto a partir 19.30 horas no paseo do Malecón e estará cantada pola Coral Polifónica Municipal de Ribeira. O aforo estará limitado a 500 cadeiras que se cubrirán por rigorosa orde de chegada. A mascarilla é, por suposto, imprescindible.

Eventos musicais
Ademais, dende a Concellería de Cultura e o Servizo Municipal de Normalización Lingüística estase a organizar unha serie de eventos
gratuítos que acabarán de realzar con música un día tan especial.
Así, ás 13 horas no parque García Bayón haberá unha sesión vermú a cargo do trío de jazz santiagués Sumrrá co patrocinio da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.
E xa no Malecón despois da misa haberá dous espectáculos: un concerto de As Tanxugueiras (xira Contrapunto) co patrocinio da Rede Cultural da Deputación da Coruña, e, ás 0.30 horas, unha actuación do grupo tradicional Os Liantes.
En ambos casos o aforo está limitado tamén as 500 cadeiras habilitadas que, como no caso da liturxia, cubriranse por orde dechegada.

Actividades infantís
Cómpre lembrar por último que na véspera, 31 de xullo, e enmarcada na Fiestra da Cultura de Ribeira, desenvolverase a iniciativa para público infantil “Cantando Contando” co patrocinio da Rede Cultural da Deputación.
Terá lugar na praza do Concello de 11.30 a 14 e de 18 a 21 horas.
Contará con xogos de habilidade feitos con material de refugallo, touro mecánico, barredora mecánica e un posto de granizados gratuítos ata esgotar existencias. Así mesmo, as 13 e ás 20 horas haberá un espectáculo infantil e familiar a cargo do Pallaso Popín.
Para participar non é necesaria inscrición previa. O aforo é limitado segundo a actividade, con monitorado e medidas de seguridade e de
prevención do covid-19. O uso de mascarilla é obrigatorio a partir dos 6 anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...