Rianxo en Común propón repensar a Festa da Xouba e centrala en reivindicar a pesca e a hostalería local

14 Xullo 2020

Julián Bustelo nunha xuntanza recente co sector hostaleiro de Rianxo

A agrupación Rianxo en Común vén de solicitar ao Concello cumprida información sobre a convocatoria deste ano da Festa da Xouba. Segundo fai saber a plataforma que coordina Julián Bustelo, esta festividade rianxeira celebrarase dentro dunha semana e, malia as transformacións que desencadeou a COVID, ás que houbo que adaptarse de urxencia, “descoñecementos os plans do Goberno local de cara a esta data”, sinalan.

E engaden: “Desde Rianxo en Común pensamos que as limitacións e recomendacións sanitarias que debemos seguir todas para evitar novos brotes de coronavirus preséntanse como unha oportunidade para repensar o formato da Festa da Xouba tal e como vimos defendendo nos últimos anos”.

A agrupación propón unha celebración adaptada na que os protagonistas sexan, amais do produto, “os establecementos de hostalería”, e, tamén, “unha Festa da Xouba centrada na posta en valor do xeito, do traballo do mar, do produto de proximidade e de Rianxo como sinónimo de todo o anterior”. A agrupación mantivo recentemente unha xuntanza con representantes da hostalería local para facerlles chegar o programa específico que reivindica.

Outros artigos

Mediarea recala este mes de xullo en Rianxo (o 16) e na Pobra (o 19)

A banda galega Mediarea estará os días vindeiros na comarca do Barbanza, ao abeiro da xira Fillos da Virasón, presentando os seus novos temas e facendo repaso das súas contribucións previas. Na nosa comarca achegarán dous concertos para residentes e visitantes: en...

+

Este domingo 13 comeza o XX Ciclo de Bandas Concello de Rianxo

Este mes de xullo vaise desenvolver a nova edición dun dos grandes acontecementos musicais da tempada no Barbanza: o XX Ciclo de Bandas Concello de Rianxo. Organizado pola Escola de Música municipal e o Concello coa colaboración do Grupo de Teatro Airiños e a...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Del veraneo a las vacaciones”. Javier García Sánchez

“Del veraneo a las vacaciones”. Javier García Sánchez

En mis recuerdos está más que presente el modo conel que se nos premiaba al final del curso escolar yque todos conocíamos como veranear. Eran variosmeses de veraneo de infancia y juventud quediscurrían en una de las playas más emblemáticas.En mi caso la que se conocía...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.