“PLANS PARA REDEIRAS”. Por Antón Luaces

11 Xullo 2020

Dende vai máis de medio século, as redeiras galegas manteñen con toda a razón unha serie de reclamacións que, se ben sempre foron asumidas polos partidos políticos representados no Congreso dos Deputados e no Parlamento de Galicia, non é menos certo que do aprobado nas distintas sesións que nunha e outra cámaras trataron desas reivindicacións, nunca máis se soubo.  Moito menos, durante a etapa franquista. E para maior INRI, é o colexctivo de redeiras ou atadoras o único vinculado ao mar que carece, entre outras vantaxes propias do oficio marítimo-pesqueiro, do recoñecemento da posibilidade de xubilación anticipada pola aplicación dun coeficiente redutor. Todos os demáis traballos relacionados coa pesca benefícianse -dunha ou doutra maneira- de tal coeficiente redutor que permite convertir -a modo de exemplo- o cotizado á Seguriade Social durante un ano en dous efectivos e así acollerse á xubilación antes dos 65 anos legais. Redeiras de Cariño, Cedeira, Aguiño, Malpica, A Guarda, Cambados, Portosín, Cangas, Corme ou Ribeira -entre outros portos galegos- demandan unha solución a este problema, como tamén demandaron o recoñecemento da enfermidade profesional que lles afecta maioritariamente. Pero non houbo tal. Non se pasou do simple recoñecemento e nesas estamos.

Estas profesionais láianse do intrusismo no seu labor de confección, reparación e mantemento  de aparellos e artes de pesca. Un traballo manual de alta cualificación que desenvolven as mulleres nun 84% do total de 400 dedicadas a este oficio que se transmite entre familiares en Galicia, Asturias e Euskadi, fundamentalmente.
Sen solucionar esta situación que denuncian en canto poden as traballadoras -hai algúns homes redeiros, pero moi poucos, como se pode comprobar nesa cifra do 84% de mulleres- a Consellería do Mar ven de aprobar en Porto do Son o plan “Avantemar” que contempla unha inxección global de 77 millóns de euros durante no 1no 2020, cun apoio específico ás redeiras consistente no pagamento de 450 euros como axuda para facer fronte á menor actividade rexistrada por elas durante o tempo de pandemia do coronavirus aínda latente. A Xunta aporta 400.000 euros co obxectivo de reactivar este sector marítimo-pesqueiro. Outras catro liñas se contemplan no plan “Avantemar” e están relacionados cos sustentabilidade, a liquidez e o financiamento xeral.
Entre os obxectivos que ten fixados este sector están regular a profesión de confección e mantemento de redes, a loita contra o intrusismo, facer visible o labor das redeiras, mellora das condicións económicas e laborais, garantir o relevo xeracional, novas altervativas de emprego, mellora das infraestruturas portuarias portuarias para desenvolver dignamente o seu traballo,  fomento de prevención de riscos  laborais, recoñecemento das continxencias profesionais derivadas do traballo e eliminación da brecha salarial entre os distintos subsectores especializados na confección e conservaxción de redes e aparellos de pesca.
Hoxendía o traballo das redeiras realízase a cuberto, pero aínda así non se leva a cabo en condicións axeitadas. Por exemplo, carentes de luz abondo, en condicións de correntes e fríos se conto, etc. Nada que ver, certamente, con aqueles tempos nos que o traballo se efectuaba nos propios peiraos; pero tamén compre recoñecer o avance acadado noutros segmentos marítimo-pesqueiros que para nada teñen que ver co pouco avanzado no das redeiras.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...