Os portos da Pobra, Aguiño, Cabo de Cruz, Palmeira, Portosín, Rianxo, Taragoña e Tragove son instalacións que se van ver modificadas ou afectadas -entre as máis de 50 de toda a Comunidade Autónoma- por obras que o ente público Portos de Galicia, dependente da Consellería do Mar, acometerá próximamente. O anuncio de licitación do Servizo de redacción de proxectos de obra xa foi trasladado , por un importe global de 3,1 millóns de euros. Teñen que ver estas ofertas de licitación con estudos marítimos, ambientais, de patrimonio, de solo, e estudos de alternativas, anteproxectos e proxectos construtivos nos citados pairaos.
Son, como se sinala, traballos que poderían ser considerados “menores” en cada un deses máis de 50 portos autonómicos, pero que van contribuir a mellorar as condicións actuais do entramado portuario galego. Entre as espectativas figuran algunhas de importancia para colectivos como o das redeiras de Portomarín, que reclaman dende hai tempo que se melloren as condicións nas que se atopa a nave de redes. Entre as melloras que demandan figuran as da luz, sumamente necesaria para un traballo de tanta fixación como é o cosido ou reparación de copos de aparellos e mesmo as que permitan desenvolver a este colectivo de mulleres en condicións medioambientais máis axeitadas o seu traballo, especialmente nos meses de inverno e con temperaturas estremas debidas ás fortes correntes que se xeran no interior do habitáculo respsonsabillidade de Portos de Galicia.