O PBBI solicita un semáforo no cruce entre Castiñeiras e Aguiño

25 Xullo 2020

O PPBI (Grupo Municipal Partido Barbanza Indepediente) presenta unha moción o pleno da corporación municipal de Ribeira, para que se instale e se poñan en funcionamento semáforos cun sistema que permita regular o tráfico rodado no cruzamento da estrada xeral entre Castiñeiras e Aguiño, á altura da Rúa Listres, na confluencia coas rúas Castelao e Vionta, xunto o bar Victoria.

Segundo os independentes hai algo máis de seis anos se anunciaron por parte do Executivo local de Ribeira as medidas que planeaba para mellorar a seguridade do cruce, despois de que na Rúa Vionta se estableceu a dirección única e se eliminou o punto negro que supoñía a incorporación de vehículos desde a mesma cara a Rúa Listres, quedando pendiente de acabar co problema da incorporación dos vehículos desde a Rúa Castelao.

A solución que se elixiu entón foi a de instalar de semáforos coa finalidade de que, aínda que sexa a estrada xeral a que teña prioridade de paso por ser a que rexistra un maior volume de tráfico rodado, inclúan un sistema que detecte a presenza de vehículos na saída do vial que leva o nome do ilustre escritor rianxeiro e se poida abrir o disco verde para eles.

O PBBI na súa moción o pleno municipal pide que se complete esa actuación con outras medidas que contribúan a dotar de maior seguridade a esa intersección, como alargar un tramo de beirarrúa que hai xunto a carnicería e charcutería e recolocar un grupo de contedores que hai xunto un paso de peóns na estrada xeral e que dificultan a visibilidad.

Confluencia coas rúas Castelao e Vionta (Aguiño- Castiñeiras).Cedida

Outros artigos

O Concello de Ribeira amosa a súa solidariedade con Adamuz

Sumándose á convocatoria realizada pola FEGAMP, membros da Corporación municipal e traballadores do Concello de Ribeira gardaron un minuto de silencio ás 12.00 horas deste luns 19 de xaneiro como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.