O martes 21 preséntase en Ribeira un proxecto destinado a lembrar á mocidade as oportunidades laborais do mar: Relevo 2020

21 Xullo 2020

Este martes 21 celebrarase en Ribeira a presentación dun relevante proxecto destinado a garantir o relevo xeracional no sector pesqueiro, unha cuestión socioeconómica que se presenta como un dos grandes retos das nosas administracións para os vindeiros anos. A xornada de presentación do proxecto Relevo 2020 celebrarase no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira. Segundo avanza o Concello, trátase dunha iniciativa que convida á mocidade a identificarse co mantemento e desenvolvemento da actividade ligada ao mar, a través de formación, encontros, asesoramentos e actividades que contribúan ao mellor coñecemento dos recursos do noso litoral.

Baixo o nome de Relevo 2020, trátase dunha unha iniciativa de carácter formativo promovida por cinco Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP): GALP A Mariña – Ortegal, GALP Golgo Ártabro Norte, GALP Golfo Ártabro Sur, GALP Seo de Fisterra Ría de Muros Noia Costa Sostible e GALP Ría de Arousa.

O evento do día 21 en Ribeira principiará ás 11.30 horas e contará coa presenza de asociacións, técnicos de concellos e confrarías.

As persoas interesadas en asistir deberán poñerse en contacto coa organización a través do enderezo electrónico info@relevo2020.org.

O programa está dirixido a mozas e mozas entre os 16 e os 30 anos e posúe os seguintes obxectivos:

• Facilitar espazos de posta en común, en relación ao sector pesqueiro, para mozas e mozos do territorio que teñen inquietudes e obxectivos comúns e moito que aportar nos eidos pesqueiro e social.

• Sensibilizar aos mozos na importancia que o sector pesqueiro ten no desenvolvemento territorial e a súa repercusión no patrimonio, desenvolvemento turístico e oferta gastronómica.

• Continuar apoiando a profesionalización do sector pesqueiro e fomentando a innovación para que se siga a manter como un motor da nosa economía a través da creación de emprego, apoio á empregabilidade e/ou da inclusión social.

• Poñer de manifesto a importancia de preservar os recursos e zonas costeiras e de loitar en contra do cambio climático.

O programa formativo levarase a cabo entre setembro de 2020 e abril de 2021 con dúas edicións: a primeira entre setembro e decembro de 2020 (cuadrimestre 1) e a segunda, entre xaneiro e abril de 2021(cuadrimestre 2). Ambas son independentes. Haberá 15 prazas en cada cuadrimestre (30 prazas en total para cada GALP).

A iniciativa estruturarase segundo as seguintes actuacións:

1. Seminarios. A través dun programa de contidos previamente establecido.

2. Titorías especializadas.

3. Saídas de campo para estudos dos recursos locais.

4. Encontros con outros mozos e mozas con experiencia..

5. Visitas para coñecemento dos recursos do xestor pesqueiro noutros territorios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el payaso llora” – Manuel Domínguez

“Cuando el payaso llora” – Manuel Domínguez

Cuando el Payaso llora. A punto de salir a pista, tras las cortinas, los últimos minutos, la tele habla de los niños asesinados en Gaza, el bombardeo cruento del Hospital en Ucrania, tanta muerte inocente. Al payaso le cae una lagrima, recorre su mejilla dejando...

“Igualdade e dignidade”. Luís Celeiro

“Igualdade e dignidade”. Luís Celeiro

A moitos dos que andan polas alturas da función ou da acción política gústalles falar dorespecto á vontade popular, á que a mesma Constitución de 1978 alude no seu Preámbulo,cando fala de “consolidar un Estado de Dereito que asegure o imperio da lei como expresiónda...