O Concello de Boiro habilitará estacionamentos con tempo limitado nos colexios electorais

11 Xullo 2020

O Concello de Boiro habilitará este domingo 12 de xullo varias áreas de estacionamento específicas con tempo limitado para facilitar o acceso seguro aos colexios electorais da cidadanía, máis polo miúdo aos colexios de Boiro e Cabo de Cruz. Estas prazas de aparcamento, lindeiras ao polideportivo de A Cachada e ao Centro Social de Cabo de Cruz, teñen un tempo máximo de estacionamento de 20 minutos.

Con intención de “favorecer a rotación de vehículos e limitar o tempo de permanencia nos colexios electorais”, o Concello habilitará as prazas en horario de 9.00 e as 20.00 horas. Serán, como dixemos, de uso limitado. Porén, achegarán tempo de abondo para asistir aos colexios e exercer o dereito ao voto. Ao igual que nos últimos comicios, as persoas con mobilidade reducida van poder estacionar diante da porta de acceso ás instalacións.

Desde o Concello de Boiro búscase favorecer as maiores comodidades durante a xornada electoral e evitar as aglomeracións nos colexios. Tamén recomenda á veciñanza que siga as recomendacións dos representantes da administración e medidas de hixiene para garantir a seguridade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.