Nova vitoria para o equipo de golf de CONGALSA

13 Xullo 2020

O equipo de golf de CONGALSA que lidera Aurelio González proclamouse este fin de semana campión na segunda categoría absoluta da liga de Empresas promovida por Barbanza Golf. A competición reuniu a 105 xogadores repartidos en 15 equipos, entre eles os oito que conforman o cadro que patrocina a empresa de produtos de alimentación do mar da Pobra do Caramiñal.

Os dous primeiros clasificados ao abeiro das catro categorías impulsadas na liga de Empresas recibiron o sábado os seus premios.

CONGALSA, con motivo desta importante vitoria, lembrou un dos seus grandes obxectivos locais en materia de política de Responsabilidade Social Corporativa (RSC): promover, apoiar e participar en diferentes torneos e competicións deportivas na área do Barbanza. De feito, puxo o foco na súa participación (patrocinándoo) no Torneo de Golf do Barbanza, unha competición que ía celebrarse en agosto pero que neste 2020 non se disputará debido á crise da COVID.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.