Nova cita coas orixes da Pobra o 25 de xullo, da man de Serafín Marcos

16 Xullo 2020

A cultura xacobea local volverá ser a protagonista no Cantón da Leña da Pobra do Caramiñal, o vindeiro 25 de xullo, da man de Serafín Marcos. Estamos a falar dunha nova sesión das visitas teatralizadas do coñecido artista noiés, un dos grandes expertos nas orixes da vila do Caramiñal e máis en concreto das súas vertentes ligadas aos Camiños de Santiago, que son a cerna dos seus variados espectáculos históricos (amais doutros aspectos sobre o pasado da localidade). A cita, organizada polo Concello, será ás 22 horas.

Co fin de garantir a máxima seguridade dos asistentes, será obrigatorio uso de máscara. O Concello lembra que en caso de chuvia, a visita guiada realizarase no auditorio do Museo Valle-Inclán. O espectáculo será de balde até se completar a cabida máxima permitida. Forma parte do programa O Teu Xacobeo, financiado pola Xunta e maila Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.