Noia retira vertidos incontrolados en Santa Cristina de Barro e O Obre

17 Xullo 2020

O Concello de Noia activou os días pasados un novo dispositivo de retirada de vertidos incontrolados en diferentes puntos do termo municipal, un problema de civismo e risco medio-ambiental que se viu agravado, como en moitos outros concellos da nosa contorna, pola emerxencia sanitaria (o remate do confinamento, coloquialmente falando, desatou condutas incívicas nalgúns veciños que durante a reclusión se mantiveron en certa media baixo control). A retirada de refugallos levouse a cabo en Santa Cristina de Barro e centrarase tamén no Obre, onde apareceu outro punto de vertido.

Segundo informou o Concello, “trátase de situacións que se repiten periodicamente por culpa duns poucos e a pesar da existencia tanto dun servizo de recollida de voluminosos como dun punto limpo para a reciclaxe deste lixo”.

Diante desta situación, o concelleiro de Medio Ambiente, Martín Fernández Godón, anunciou a posta en marcha dunha campaña que ten como obxectivo “a erradicación definitiva destas condutas incívicas a través do reforzamento das sancións por parte da Policía Local Noia”.

Tamén aproveitou para pedir a colaboración da veciñanza que “presencie este tipo de ataques ao noso medio ambiente a que presente a correspondente denuncia”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.