Medio cento de vivendas de Rianxo recibirán composteiros específicos de SOGAMA

29 Xullo 2020

O Concello de Rianxo (A Coruña) vén de solicitar a súa adhesión ao programa de compostaxe doméstica da sociedade medioambiental SOGAMA, co obxectivo de “promover a reciclaxe da materia orgánica e orixe” e tirar proveito da mesma. A empresa pública xa subministrou á Administración local 50 composteiros de 390 litros de capacidade e fabricados con materiais reciclados e reciclábeis, a fin de que sexan repartidos entre outras tantas vivendas unifamiliares que dispoñan de terreo no que aplicar o material orgánico resultante.

Con esta iniciativa, o Concello pretende “recuperar unha práctica tradicional no rural galego como é a segregación dos restos orgánicos para alimento do gando e/ou elaboración de compost”. Esta práctica verase fortalecida e mellora coa dispoñibilidade dos acubillos específicos, que propiciarán un proceso de fermentación máis controlado, hixiénico e cómodo.

Co obxectivo de que os usuarios dispoñan dos coñecementos necesarios para aplicar a técnica con garantías, recibirán un curso de formación a cargo de persoal de SOGAMA, así como manuais didácticos de apoio nos que se explican os pasos a dar: desde o propio emprazamento do composteiro (que debe estar nunha zona sombreada, protexida do vento e en contacto coa terra para facilitar a entrada de microorganismos descompoñedores) até a relación de materiais que deben e non deben depositarse no mesmo, control de parámetros esenciais tales como a temperatura, o osíxeno e a humidade, e aplicacións do compost resultante, un abono de alta calidade con excelentes propiedades fertilizantes para o solo.

As persoas interesadas dispoñen de información adicional no sitio web www.compostaconsogama.gal, onde poñerán atopar recursos divulgativos e lúdicos complementarios.

A día de hoxe, un total de 351 entidades atópanse adscritas ao programa de compostaxe doméstica de SOGAMA, tendo repartido entre as mesmas 14.000 composteiros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.