Lousame mellora a eficiencia enerxética das instalacións municipais

17 Xullo 2020

O Concello de Lousame está a substituír as galerías das fachadas principal e posterior da casa consistorial, adxudicadas á empresa Pavimentos Noia, Obras e Contratas SL por un importe de 17.069,84 euros. Unhas obras que buscan mellorar a eficiencia enerxética das instalacións municipais e que se iniciaron esta mesma semana, polo que se agarda que estean rematadas antes de que finalice o mes de xullo.
As galerías actuais non están preparadas nin para diminuír o aumento de temperatura cando o sol incide nas carpinterías nin son eficientes á hora de conservar o calor do interior do edificio cando as temperaturas exteriores baixas. Ademais, ao non seren unhas galerías termicamente eficientes, durante o inverno se perde totalmente o calor subministrado pola
calefacción dos tres despachos que se iluminan a través delas así como da zona das escaleiras e distribuidores.
Unha vez constatado a imposibilidade de acometer novas reparacións e dado o elevado custo de cambiar unicamente os vidros, optouse por substituír as galerías actuais por unha carpintería de PVC que permite un maior illamento, evitando a condensación nos perfís de aluminio. As novas galerías contarán cun prazo de garantía de 3 anos dende o remata da súa
instalación.

Lousame está a substituír as galerías das fachadas principal e posterior da casa consistorial

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nélida Piñón, eterna”. Alberto Barciela

“Nélida Piñón, eterna”. Alberto Barciela

Nélida Piñón fue, debería decir es, un ser de realidades inusitadas, desacostumbradas al menos. Pervive en su obra inmensa, en sus obras, en sus archivos, y sobre todo en el cariño de sus amigos, en el recuerdo de sus admiradores, en la evocación permanente de los...