Licitado o pavimentado de calzada e beirarrúas nun treito deteriorado do Polígono de Xarás

30 Xullo 2020

O Concello de Ribeira abriu o prazo de presentación de ofertas para os traballos de arranxo e pavimentado dun novo tramo do Polígono Industrial de Xarás (concretamente, na avenida Ramiro Carregal Rey) coa fin de incrementar a seguridade viaria (achegarase pavimentado na estrada e beirarrúas novas, a día de hoxe construídas en formigón en masa e, segundo confirma o Concello, bastante deterioradas, ao igual que a calzada).

Os servizos técnicos elaboraron un proxecto técnico que inclúe o pavimentado das beirarrúas mencionadas cunha capa de formigón de 15 centímetros de espesor cun mallazo de 15×15 centímetros de 6 milímetros de diámetro, en tanto que a calzada será asfaltada con aglomerado en quente. Os traballos concluirán co pintado da estrada.

A actuación comporta un investimento de 116.528 euros, dos cales o 80% (92.223 euros) proceden dunha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para a habilitación e mellora de infraestruturas para parques empresariais que hoxe o departamento autonómico comunicou ao Concello.

As empresas interesadas en participar na licitación dispoñen ata o 18 de agosto á media

noite. Poden formular as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eres rico y millonario” – Manuel Domínguez

“Eres rico y millonario” – Manuel Domínguez

Eres rico, millonario y yo te lo recuerdo. Tu vecino Antonio desde aquel día jamás volvió a sonreír, fue el día en que su hijo se marcho de forma voluntaria. A ti te escucho hablar de la felicidad de los matrimonios de tus hijos, y la felicidad sale de tu rostro. Tu...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.