Ferido grave un motorista en Noia ao chocar a moto que conducía contra un turismo

17 Xullo 2020

Un choque entre unha moto e un coche en Noia deixou ao condutor do primeiro vehículo ferido grave. O accidente produciuse ás 15,15 horas deste mediodía. A esa hora, un particular chamou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias ( CIAE) 112 Galicia para pedir axuda para un motorista que, segundo relatou, chocara contra un turismo na Rúa de Galicia. O 112 alertou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, debido á gravidade da situación, mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Desta forma, a aeronave tomou terra no mesmo lugar do accidente. Un choque entre unha moto e un camión deixou unha persoa ferida de consideración no concello coruñés de Noia. O accidente produciuse ás 15:15 horas deste mediodía.

A esa hora, unha persoa particular chamaba ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para pedir axuda para un motorista que chocase contra un vehículo de transporte de mercadorías na Rúa de Galicia. De inmediato, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, debido á gravidade da situación informaban da saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Desta forma, a aeronave tomou terra no mesmo lugar do accidente. Convén sinalar que este operativo tamén contou coa intervención dos axentes da Policía Local e dos membros de Protección Civil da localidade. Ademais, desde o 112 Galicia avisouse aos Bombeiros de Boiro e ao GES de Brión por fósese necesaria a súa colaboración. Finalmente, o ferido foi evacuado na aeronave ata o centro hospitalario de referencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

Segundo o último informe do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre os meses de abril e xuño do ano en curso, executáronse 5.874 desafiuzamentos por falta de pagamentos de alugueiro e uns 469 por execucións...

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

El teatro es espejo de la vida o de las costumbres, se aventura como oráculo, o arriesga incluso en vanguardias imprevisibles, en inverosímiles utopías, o no, con sencillez opta por  disimular angustias entre humoradas; por algo más de una hora actúa cual eficaz...