En Ribeira unha familia en corentena pola COVID 19 por orde xudicial

08 Xullo 2020

O xulgado do contencioso-administrativo número 2 de Santiago de Compostela emitiu este martes un auto no que ratifica a medida adoptada pola Consellería de Sanidade e acorda o illamento e a corentena obrigatoria dun núcleo familiar formado por unha parella e a súa filla menor de idade, infectados pola COVID-19.
O pasado luns, 6 de xullo, Sanidade tomou a decisión de que esta familia estea confinada en Ribeira ata que deixen de representar un risco para a saúde pública.

Segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a prolongación desta medida dependerá do ditame do Servizo de Medicina Preventiva do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

O maxistrado indica que a resolución adoptada pola Xunta está xustificada, respectando o principio de proporcionalidade que resulta da doutrina do Tribunal Constitucional. Ademais, resalta que é “adecuada”, pois sostén que “non consta a posibilidade dunha medida menos gravosa ou lesiva para a consecución do obxectivo proposto”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.