En Ribeira evacuado un bateeiro o sufrir un accidente

07 Xullo 2020

Un tripulante dun bateeiro tivo que ser evacuado en Ribeira tras sufrir un accidente ao quedarlle atrapada unha man coa panca de apertura da cesta onde se atopa o mexillón.

Salvamento Marítimo informou que a primeira hora de hoxe recibiu o aviso do Centro de Coordinación de Fisterra de que o tripulante dun bateeiro sufrira un accidente a bordo.

Ä zona foi enviado o helicóptero ‘ Helimer 401’ que participaba na procura de dous homes tras envorcar un kaiak na área de Porto do Son, se ben a aeronave non tivo que intervir.

Sería o ‘Salvamar Regulus’ de Salvamento Marítimo a que evacuou ao tripulante ferido ao porto de Ribeira, desde onde foi levado ao Hospital do Barbanza.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.