En Ribeira denunciado un local de Bandourrío por consumo de bebidas na vía pública sen distancia de seguridade

27 Xullo 2020

A Policía Local de Ribeira informa de que un local hostaleiro situado no barrio de Bandourrío, na cidade de Santa Uxía, foi denunciado por infrinxir
diversos preceptos da normativa sanitaria e particularmente a que ten
como obxectivo previr a aparición dun posible rebrote do covid-19.
Os feitos motivadores da posible sanción tiveron lugar na noite do venres 24 ao sábado 25 de xullo, cando axentes policiais detectaron a presenza á entrada do local de xente consumindo na vía pública e sen gardar a requirida distancia de seguridade: circunstancias que vulneran o artigo 57 da Lei 33/2011 da Lei Xeral de Saúde Pública en corcondancia co artigo 3.34.5 do acordo do 25 de xuño de 2020 da Xunta de Galicia polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no acordo do 12 de xuño sobre medidas necesarias para facer fronte á crise sanitaria do covid-19, unha vez superada a fase III para a transición cada unha nova normalidade.
Cómpre informar tamén de que no transcurso da semana pasada
foron sancionadas un total de dez persoas por non levar mascarilla.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

La crisis, el paro y la desigualdad han creado una España de dosvelocidades. Cáritas, Unicef, Oxfam Intermon. Cruz Roja, Eapn. La Alianzacontra la Pobreza e incluso la ONU y el Banco Mundial señalan que España esel cuarto país de la Unión Europea con más desigualdad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.