En Ribeira a policia local e GAEM fórmanse nas posibilidades dos drons para os rescates

20 Xullo 2020

Logo de ter superado os pasados días as probas teóricas e prácticas no manexo de drons, os oito traballadores locais que se van encargar de utilizar estes artiluxios en diferentes labores do Concello veñen de dar un paso máis na súa formación a través da súa participación nun simulacro de emerxencias efectuado esta tarde na praia de Coroso.
Así, cinco efectivos do Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal (GAEM) e tres axentes da Policía Local levaron a cabo esta xornada práctica (mañá haberá outra) da man da empresa Aerocamaras, a mesma entidade que vai proveer ao Concello de dous drons para múltiples funcións: dende controlar que non se produzan aglomeracións nas praias ata empregalo en rescates acuáticos, busca de persoas desaparecidas, localización de niños de velutinas ou detección de focos de lumes forestais, entre outras.

Rescate en altura
O de hoxe foi un simulacro dun rescate dunha persoa en altura (simulando que está atrapada nunha roca) mentres que mañá está previsto realizar un rescate acuático e a busca dunha persoa desaparecida.
Unha vez cumprimentado este apartado formativo, espérase que nos vindeiros días os dous drons mercados polo Concello xa poidan estar
operativos.

Outros artigos

O Concello de Ribeira amosa a súa solidariedade con Adamuz

Sumándose á convocatoria realizada pola FEGAMP, membros da Corporación municipal e traballadores do Concello de Ribeira gardaron un minuto de silencio ás 12.00 horas deste luns 19 de xaneiro como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.