En Noia detido un veciño como presunto autor de roubos en coches nas praias

27 Xullo 2020

A Garda Civil detivo a un individuo tras supostamente, entrar nun turismo estacionado na praia de Baroña. Por mor deste arresto, os axentes do posto de Porto do Son abriron unha investigación para determinar se este home podería estar detrás doutros sucesos similares ocorridos nas últimas semanas. As pescudas realizadas permitiron comprobar que o detido tamén entrara a roubar en vehículos aparcados nos areais da As Gaivotas, Aguieira, Os Castros e Broña, en Outes. Ao parecer, o ladrón sempre utilizaba o mesmo procedemento.

Elexía estacionamentos masificados e sen vixilancia e, coa axuda dunha pedra, fracturaba o cristal triangular da parte traseira dos vehículos para acceder ao maleteiro e levar todo o de valor que houbese. Trala súa detención recuperouse gran parte dos obxectos subtraídos, que foron devoltos aos seus propietarios. A colaboración cidadá foi fundamental para conseguir deter este veciño de Noia. o roubado ascedene a 1.500 euros en efectivo e diversos equipamentos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.