En Noia a Deputación cofinancia as obras de reurbanización do acceso á rúa Forno

21 Xullo 2020

A Deputación da Coruña e o Concello de Noia investirán 60.498,12 euros nas obras de acondicionamento do acceso á rúa Forno. As obras, en fase de licitación, contarán cunha achega de 49.333,23 euros de fondos adicionais do Plan Único (POS+2019) para o seu financiamento mentres que os restantes 11.164,89 serán achegados con fondos propios do Concello de Noia.

Rúa Forno Noia

O proxecto contempla a reurbanización do tramo comprendido entre o final do proxecto denominado “As Portas do Mar” e o acceso á rúa Forno, completando o acondicionamento dun dos espazos públicos máis importantes da vila de Noia, en relación directa co mar.
Esta zona conta actualmente con firmes de diversos tipos e cun estado
importante de desgaste e deterioro, polo que se levarán a cabo obras para dar continuidade ás realizadas no Malecón de Gasset, instalando novos
pavimentos acordes co entorno histórico a base de lousas de granito silvestre e granito gris alba en continuación co banco corrido, que sirve de memoria da antiga muralla que rodeaba á vila que foi “o porto de Compostela” e na que se atopaba a “Porta do Forno”, unha das doce portas que permitían o acceso intramuros.
O proxecto contempla tamén a instalación dunha nova rede de recollida de
pluviais e dun sistema de alumeado decorativo acorde co entorno, composto por báculos tipo Alve Marina de alturas diferentes que semellan mástiles dos barcos nun porto marítimo.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.