En Carreira 27 ofertas para a renovación de servizos e pavimentación no lugar de Outeiro

03 Xullo 2020

27 ofertas foron presentadas a unha nova actuación consistente na renovación de servizos e pavimentación do lugar de Outeiro, na parroquia de Carreira.
A día de hoxe, os servizos municipais de recollida de augas e pluviais no devandito núcleo son antigos e rexistran avarías frecuentes, mentres que o pavimento de formigón existente atópase en mal estado e dificulta o tránsito peonil e rodado.
Coa fin de solventar estas eivas, os servizos do Concello redactaron un proxecto técnico dirixido á pavimentación e renovación de servizos de pluviais e saneamento. Para isto demoleranse os pavimentos existentes na área de actuación e executaranse as seguintes accións:
 Instalacións de pluviais: disporase polo centro da rúa un colector de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro e construiranse arquetas sumidoiro e pozos de rexistro de formigón prefabricado, ademais de proceder á acometida de pluviais das vivendas existentes.
 Instalación de saneamento: disporase polo centro da rúa un colector de PVC liso de 315 milímetros e construiranse pozos de rexistro.
Polo que respecta á pavimentacións, vaise empregar un pavimento de formigón de 15 centímetros de espesor, intercalado con adoquín de formigón recto de dimensións de 20x15x8 centímetros.
O prezo de licitación ascende a 89.015 euros, IVE incluído. O investimento forma parte do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019. O prazo de execución son tres meses.

Outeiro Carreira (Ribeira)

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.