En Boiro cambio na dirección de circulación da rúa Estatuto de Galicia

30 Xullo 2020

A área de mobilidade do Concello de Boiro vén de cambiar o sentido de
circulación da rúa Estatuto de Galicia, co obxectivo de mellorar a mobilidade no centro urbano e axudar a desconxestionar o tráfico. O tramo de rúa peonil, comprendido entre a rúa Dereitos Humanos e a Ramón Fernández Mato ten agora o sentido de circulación contrario: entrada pola rúa Ramón Fernández Mato e saída por Dereitos Humanos.
O Concello de Boiro segue a traballar por mellorar a mobilidade no municipio, en especial no núcleo urbano. O cambio de sentido de circulación da rúa Estatuto de Galicia axuda a desconxestionar o tráfico que baixa pola rúa Ramón Fernández Mato, xa que ata o de agora so podía saír á Avenida da Constitución e iso causaba retencións sobre todo os martes polo mercado semanal.
Gracias a este cambio, os vehículos que saen do aparcamento situado na rúa Ramón Fernández Mato poden saír á rúa Dereitos Humanos, que é de
ambos sentidos, pola rúa Estatuto de Galicia. Deste xeito o tráfico pode saír
directamente á rúa Principal ou á rotonda da Avenida de Constitución que vai a Abanqueiro.
Con esta modificación vaise desconxestionar o tráfico da Avenida da
Constitución, evitando os problemas de atascos que se xeraban especialmente os martes, día que se instala nesta rúa o mercado semanal.

Rúa Estatuto de Galicia- Boiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...