“Eleccións Autonómicas”. Por Xosé Manuel Pena

09 Xullo 2020

Este domingo celébranse as eleccións autonómicas en Galicia e Euskadi, en plena crise sanitaria como consecuencia do Covid-19, aínda que para algúns políticos chámase a “nova normalidade”. Moitos expertos sanitarios, científicos, investigadores así como algúns responsables políticos e unha boa parte da cidadanía considera que non era o momento máis adecuado para convocar a poboación ás urnas. É obxectivamente certo que, nesta ocasión, hai moitos miles de cidadáns que decidiron optar polo voto por correo pero tamén é certo que un número importante de cidadáns, principalmente as persoas de risco ou persoas maiores de 65 anos, están a pensar en quedarse na casa por precaución ou simplemente por medo, que é algo inherente ao propio ser humano. Hai preguntas que terían que ter resposta, por parte dos nosos gobernantes autonómicos. Se hai un rebrote importante, de quen sería a culpa?. Se hai unha abstención alta, maioritariamente superior a outras ocasións, quen sería os responsables e a quen beneficiaría?. Certamente que unhas eleccións libres son sempre unha festa para a Democracia pero, nesta ocasión, oxalá non teñamos que lamentar un maior número de contagios ou a perda de vidas humanas. Os dirixentes políticos e as súas formacións non terían que moverse por intereses partidistas, en situacións como as actuais e máxime coa cantidade de mortes de inocentes que xa se quedaron polo camiño. Unicamente teríalles que preocupar o interese xeral e o benestar de todos os cidadáns, independentemente das súas ideoloxías. Pois a votar, con precaución e con “ sentidiño”, e os que desexen quedarse na casa que queden, exercendo o seu dereito á liberdade individual.

Outros artigos

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

+

“Benvidos campións” – Antón Luaces

Chegaron ao aeroporto Adolfo Suárez de Madrid-Barajas. Era primeira hora da tarde do luns. Visitaron aos Reis de España no palacio da Zarzuela e  ao presidente do Goberno na Moncloa. A continuación, nun autobús descuberto, fixeron unha ruada por Madrid que rematou en...

+

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

Ha terminado el Mundial y uno tiene la sensación de haber asistido a uncampeonato extraordinario pese a quienes lo organizaban. Porque, mientrasmillones de personas seguían con pasión cada partido, la maquinaria del fútbolmundial parecía empeñada en recordarnos que el...

“O pano negro” – Lois Alcayde Dans

“O pano negro” – Lois Alcayde Dans

Supoño que, como lle ocorre a moita xente, cando abro o meu álbum familiar máis vello, as fotos en branco e negro teñen de paisaxe tanto o campo como a cidade. Ambos aparecen coa normalidade do mesmo paso do tempo. Nas imaxes, o escenario de fondo faise difícil de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.